top of page

SALA1 – HUB

En Sala1 gústanos conectar persoas con talento e boas ideas con empresas, marcas ou organizacións que poden axudar a facelas realidade. Por iso contamos cunha comunidade en constante crecemento formada por creadoras e creadores de distintos ámbitos, con voz propia, autenticidade e ganas de xerar impacto.

Non traballamos con calquera: a nosa rede está formada por creadoras e creadores de contido que non só destacan polo que fan, senón tamén polo porqué o fan. Para nós e para eles e elas, o compromiso cos valores sociais, democráticos e cos dereitos humanos non é unha casa que marcar; é o punto de partida. E é precisamente iso o que fai que pague a pena formar parte do Hub.

Es creador ou creadora de contido? Encantaríanos coñecerte!
Es unha empresa, marca ou organización? Estás no lugar axeitado :-)

bottom of page