SALA1 – LAB
Sala1–Lab é un programa de formación e acompañamento para microcreadores e microcreadoras con ganas de facer medrar os seus proxectos. Porque si, sabemos que aí fóra hai persoas con moitísimo talento, boas ideas e creando cousas incribles! Pero, ás veces, a presión de publicar constantemente, o desgaste emocional ou a sensación de estar loitando contra o algoritmo impiden que os proxectos cheguen onde realmente merecen.
O noso obxectivo? Acompañar creadoras e creadores, ofrecéndolles ferramentas, inspiración e recursos para impulsar os seus proxectos, ampliar e fortalecer a conexión coas súas comunidades e profesionalizar o seu traballo sen perder a súa esencia.
O Lab é unha xornada de formación presencial con expertos e expertas de distintos ámbitos do ecosistema dixital: comunicación, produción con intelixencia artificial, storytelling, monetización, sustentabilidade, creatividade e moito máis. Pero, máis alá da aprendizaxe, o Lab é tamén un espazo para compartir, descubrir talento e xerar vínculos con creadores e creadoras que están construíndo os seus propios camiños nas redes.
Moi pronto en Barcelona, Madrid, Valencia, Sevilla, Bilbao e Málaga.

